Alta no padrón municipal de habitantes

Descrición

O trámite de alta no Padrón de habitantes consiste na inscrición dunha persoa nel cando procede doutro municipio ou non figura empadroado en ningún.

Toda persoa que resida habitualmente en Santiago está obrigada a inscribirse no Padrón.

Requirimentos

Requirimentos para solicitar a alta nas Oficinas do Padrón municipal. Presentar sempre documentos orixinais
  • Cubrir a folla padroal e presentala asinada por todos os/as maiores de idade. O Concello efectuará os trámites para a baixa no municipio de procedencia
  • Documento de identidade (DI) do solicitante.
  • As persoas estranxeiras, deberán achegar a tarxeta de residencia en vigor e pasaporte do país de procedencia, no suposto de cidadáns de estados membros da Unión Europea.
  • NIE e pasaporte dos estranxeiros non europeos
  • No caso dos menores, achegarase o libro de familia, ou certificado de nacemento e o documento en que conste a garda e custodia do/a menor (se a houber). No caso de que se inscriba cun só proxenitor deberán asinar a alta os dous proxenitores e achegarán o DI de ambos. Se non poden asinar os dous proxenitores, quen realice a xestión deberá cubrir o impreso de declaración responsable para a alta do/a menor
  • Os/as maiores de 14 anos achegarán o DI.
  • Xustificante da propiedade do inmoble ou arrendamento (escritura de propiedade, recibo do IBI ou contrato de arrendamento actualizado)
  • No caso de non ser propietario nin titular de contrato de alugueiro, debe presentar a autorización do propietario/a da vivenda ou, no seu caso, da persoa a nome de quen figura o contrato de alugueiro actualizado. Se o contrato non está actualizado deberá acompañalo dun recibo de pagamento do alugueiro do último mes. Deberá exhibirse DI orixinal da persoa que autoriza

Solicítase en

Padrón municipal de habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)
Tel.: 981 542 318
Fax: 981 543 028
Correo: Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 14.00 horas.

Preséntase en

Tramítase en

Padrón municipal de habitantes
Enderezo: Baixos de Raxoi (entrada pola rúa Raxoi)
Tel.: 981 542 318
Fax: 981 543 028
Correo: Contactar co Concello
Horario: de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 14.00 horas.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: