Uso dos locais municipais de ensaio

Descrición

Uso das instalacións e do material dos locais de ensaio municipais, que se ubican no fondo sur do estadio de San Lázaro.

Dirixido a

Poderán presentar solicitudes para o uso dos citados locais, aquelas persoas que en representación dun colectivo musical, con membros empadroados no Concello de Santiago de Compostela, precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Notas para o cidadán

VALORACIÓNS DAS SOLICITUDES E CRITERIOS DE AUTORIZACIÓN E USO:
- Priorizaranse as solicitudes de reserva mensual de 8 horas (2 horas á semana) do equipamento.
- O equipamento acollerá aos grupos con membros empadroados no Concello de Santiago.
- Trimestralmente revisaranse os horarios e, de ser necesario, reestructurarase o calendario en función de novas solicitudes e dos horarios dispoñíbeis.
- O Departamento de Educación e Mocidade entregará á persoa solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas, na que figurará o nome do solicitante, o seu número de documento de identidade, días e horas nas que está autorizado ao uso do local e o material que se utilizará.

Solicítase en

Atención ao cidadán
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende,4 baixo
Tel.: 981 543 128
Fax: 981 543 129
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Fax: 981 571 511
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Preséntase en

Rexistro Xeral
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixo
Tel.: 981 543 122
Fax: 981 543 133
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.
Rexistro Auxiliar do Ensanche
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo.
Tel.: 981 543 001
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.
Horario especial de verán do 15 de xuño ao 15 de setembro: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 h.

O Rexistro auxiliar do Ensanche permanecerá pechado o día 22 de outubro de 2019 e os días 28, 29, 30 e 31 de outubro de 2019.
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.

Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Oficinas xerais de información e rexistro da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela

Se precisa copia selada do documento que se presente, ten que achegala o interesado.

Tramítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios. Cómpre imprimilos e cubrilos por duplicado.



Compartir: