Locais de ensaio

Descrición

A Concellería de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela pon a disposición dos grupos musicais da cidade un equipamento municipal situado no Centro Xove de Creación Cultural, na Rúa Proxecto Vagalume, 2 co obxectivo de:
- Fomentar a práctica musical dos mozos e mozas de Compostela dotándoos dos recursos profesionais e técnicos necesarios.
- Contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento, mediante o deseño de accións formativas relacionadas con esta disciplina.
- Crear unha plataforma de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais, formativas e de lecer.
- Organizar eventos que sirvan para fortalecer entre a xuventude a conciencia de seu, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente moza.
- Promover un ocio xuvenil máis creativo e menos consumista, ampliando a oferta de actividades e facilitando a súa accesibilidade para o sector xuvenil.

Locais e materiais

Os locais, están distribuídos en tres salas equipadas, cada unha co seguinte material:
- Batería
- 2 Amplificadores de guitarra
- 1 Amplificador de baixo
- 2 Caixas autoamplificadas con mesa de mesturas propia
- 2 micrófonos e pés de micrófono

Ademais un dos locais está preparado como estudo de gravación, con mesa, ordenador e software propio.

Situación: Centro Xove de Creación Cultural. Rúa Proxecto Vagalume, 2

Dotación: 3 salas equipadas e un estudo de gravación

Teléfono: 981 543 001

Correo electrónico: dptoxuventude@santiagodecompostela.gal

Páxina web: www.santiagodecompostela.gal

Dirixido a

Poderán presentar solicitudes para o uso dos citados locais, aquelas persoas que en representación dun colectivo musical, con membros empadroados no Concello de Santiago de Compostela, precisen dun local para realizar os seus ensaios.

Pode consultar máis información sobre o trámite no "Catálogo de tramites" da sede do Concello de Santiago de Compostela https://sede.santiagodecompostela.gal
Indique no buscador: "Uso de locais de ensaio"

Notas para o cidadán

VALORACIÓNS DAS SOLICITUDES E CRITERIOS DE AUTORIZACIÓN E USO:
- Priorizaranse as solicitudes de reserva mensual de 8 horas (2 horas á semana) do equipamento.
- O equipamento acollerá aos grupos con membros empadroados no Concello de Santiago.
- Trimestralmente revisaranse os horarios e, de ser necesario, reestructurarase o calendario en función de novas solicitudes e dos horarios dispoñíbeis.
- O Departamento de Educación e Mocidade entregará á persoa solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas, na que figurará o nome do solicitante, o seu número de documento de identidade, días e horas nas que está autorizado ao uso do local e o material que se utilizará

Solicítase en

Mocidade
Enderezo: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
Tel.: 981 542 457
Correo: Contactar co Concello
Web: https://www.facebook.com/pages/Conceller%C3%ADa-de-Xuventude-de-Santiago-de-Compostela/151484694905798
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 horas.


Compartir: