Neste servizo realízanse tarefas orientadas a facilitar información e formación en diferentes campos sempre tendentes a mellorar as condicións de vida socioeconómicas dos veciños de Santiago.

Promoción económica:
  • Facilitar información e asesoramento a tódalas persoas que desexen crear unha empresa, en relación a: axudas e subvencións, formas xurídicas máis axeitadas, trámites de constitución, aspectos fiscais e de seguridade social.
  • Desenvolver un programa de incentivos para a creación de empresas innovadoras.
  • Xestionar Iniciativas locais de emprego.
  • Recoller e facilitar información sobre programas europeos de interese no seu ámbito de actuación.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello





Compartir: