É unha sociedade anónima mixta que ten por obxecto servir como opoio instrumental á Universidade de Santiago de Compostela para impartir cursos de idiomas, organizar exames para a obtención de títulos oficiais de español; organizar a edición de materiais destinados á ensinanza de español para estranxeiros; organizar cursos especializados e monográficos, viaxes, excursións e actividades culturais relacionados con calquera actividade.

Participan na sociedade a Universidade de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago de Compostela, Turgalicia, Asociación de Hostalería e Acotes.

Ten o seu domicilio no Pazo de San Xerome, Praza do Obradoiro s/n.



Compartir: