Agora podes acceder desde o teu teléfono móbil aos principais contidos da web municipal de Santiago de Compostela.

Poñemos á túa disposición este novo servizo que che permitirá acceder á seguinte información permanentemente actualizada sobre a cidade:

  • Noticias
  • Axenda
  • Avisos
  • Directorio de teléfonos de interese
  • Formulario de contacto

Acceso ao servizo

Para acceder aos contidos da web só tes que escribir o enderezo http://mobilscq.org no navegador do teu teléfono móbil. Ten en conta que debes dispoñer dun terminal compatible co servizo WAP e ter activada a conexión a internet. Se tes dúbidas sobre o funcionamento do sistema ou a alta na conexión ponte en contacto coa túa operadora.
Compartir: