Datos do responsable do tratamento

Responsable do tratamento e contacto:
Concello de Santiago de Compostela
CIF: P1507900G
Contacto: Oficina de Atención á Cidadanía
Enderezo: Rúa Presidente Salvador Allende, 4 baixo – 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981543128
Correo-e: informacion@santiagodecompostela.gal

Delegado de protección de datos e contacto:
Teléfono: 981542400
Correo-e: dpd@santiagodecompostela.gal

Descrición da actividade de tratamento

Actividade de tratamento
Videovixiancia para a seguridade pública

Finalidades do tratamento
Asegurar protección de edificios e instalacións públicas e dos seus accesos; salvagardar instalacións útiles para a defensa nacional; constatar infraccións á seguridade cidadá, e previr a causación de danos ás persoas e bens.

O sistema inclúe unha rede de videocámaras con posicións prefixadas instaladas en distintos puntos do municipio. As imaxes poden ser visualizadas en tempo real na sala de control da Policía Local. Adicionalmente, poden ser rexistradas nun sistema de gravación centralizado, que as elimina de xeito automático unha vez transcorrido o prazo legal.
O acceso interno a gravacións está restrinxido e realízase unicamente previa solicitude motivada no marco dunha actuación policial.

Lexitimación
Tratamento necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público (art. 6.1.e do RGPD), acorde a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, a Lei Orgánica 4/1997, do 4 de agosto, pola que se regula a utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos, e demais normativa aplicable.

Categorías de interesados
Transeúntes nos espazos e instalacións públicas do termo municipal

Categorías de datos de carácter persoal
Datos non considerados de categoría especial: Imaxes

Cesións previstas e transferencias internacionais

Categorías de destinatarios: Forzas e corpos de seguridade, Xulgados e Tribunais.

Destinatarios de terceiros países ou organizacións internacionais Non están previstas

Transferencias a terceiros países ou organizacións internacionais Non están previstas

Conservación e medidas de seguridade

Período de conservación
Os datos serán suprimidos no prazo máximo dun mes desde a súa captación, salvo que estean relacionadas con sancións penais ou administrativas graves ou moi graves en materia de seguridade pública, cunha investigación policial en curso, ou nun proceso xudicial ou administrativo aberto.

Medidas de seguridade
En base ao Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade, clasifícase como información de nivel básico e sistema de categoría básica.

As establecidas no Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para ficheiros de nivel básico.

O acceso está restrinxido mediante un esquema de usuarios e asignación de permisos, e o sistema mantén un rexistro de calquera acceso e actuación sobre as gravacións. O servidor atópase no centro de proceso de datos para a aplicación das correspondentes medidas de seguridade física.


Compartir: