Formalización de encargo a medio propio (TUSSA) da xestión dos servizos da ORA e guindastre

--------------------------------------------------------

No día de hoxe, 27 de marzo de 2018, en execución ao disposto no artigo 63.6 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, procédese a dar publicidade ao Acordo Plenario de data 15 de marzo de 2018 polo que se aproba definitivamente a Memoria de asunción directa da xestión dos servizos da ORA e guindastre.
O contido do acordo atópase no apartado de Documentos Relacionados

Contra o presente acordo procede con carácter potestativo, a interposición de RECURSO ADMINISTRATIVO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN (art. 44.2 e) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público) no prazo de 15 días hábiles nos termos previstos no art. 50 f) da mesma norma.

O órgano competente para coñecer do recurso será o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia

NOTA.- Con data 3 de abril incórporase nova copia do acordo que subsana un pequeno erro de redacción que non afecta en absoluto ó fondo do asunto.

A todos os efectos entenderase que o prazo para presentación do devandito Recurso Administrativo Especial finalizará o vindeiro 24 DE ABRIL DE 2018

-------------------------------------------------------

Número de expediente municipal

ORA E GUINDASTRE

Estado da contratación

Adxudicacion definitiva

Documentos relacionados

Compartir: