Achégase información sumarial sobre algunhas das consultas administrativas máis comunmente realizadas á Oficina de Atención Cidadá.
Cales son os dereitos que os cidadáns poden esixir ao Concello?
O artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas indica un listado de dereitos dos cidadáns. O artigo 5 do Regulamento de Participación Cidadá do Concello de Santiago de Compostela aprobado por acordo plenario do 4 de decembro de 1998 (publicado no Boletín Oficial da Provincia 0 9.1.1999 recolle os dereitos de participación de cidadáns e entidades que os aglutinan nos asuntos de carácter municipal. Ademais, no Decreto 208/1996, de 9 de febreiro, regúlanse os servicios de información administrativa e atención ao cidadán.
Os dereitos dos cidadáns e cidadás son:
Os dereitos dos cidadáns e cidadás son:
- Coñecer, en calquera momento, o estado de tramitación dos procedementos nos que teñan a condición de interesados e obter copias dos documentos contidos neles.
- Identificar ás autoridades e ó persoal ó servicio do Concello que teñan baixo a súa responsabilidade a tramitación dos expedientes nos que resulten interesados.
- Obter copia selada dos documentos que presenten, proporcionándoa xunto cos orixinais, así como a que estes sexan devoltos, agás cando teñan que constar no procedemento. (A copia debe ser aportada polo interesado).
- Utilizar os idiomas galego e castelán nas súas relacións co Concello de Santiago de Compostela).
- Formular alegacións e aportar documentos en calquera fase do procedemento no que teñan a condición de interesados, anterior ó trámite de audiencia.
- Obter información e orientación no tocante ós requisitos xurídicos ou técnicos que a normativa vixente lle impoña os proxectos, actuacións ou solicitudes que se propoñan realizar.
- Acceder ós rexistros e arquivos do Concello nos termos previstos na Constitución e na lexislación vixente.
- Ser tratados con respecto e deferencia polas autoridades e funcionarios, que lles facilitarán o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
- Obter copias e certificacións acreditativas dos acordos da Corporación Local e dos seus antecedentes.
- Esixir responsabilidades da Corporación Local.
- Exercer calquera outro que lle recoñezan a Constitución e as leis.
Como e onde podo iniciar un procedemento administrativo no Concello de Santiago de Compostela?
De forma xeral, os trámites poden realizarse a través de dúas canles:
Tramitación en liña, a través de rexistro electrónico
Tramitación presencial, con cita previa
Se actúa a través de representante consulte representación
REXISTRO ELECTRÓNICO:
1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo
PRESENCIAL CON CITA PREVIA
1. Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, o día e a hora sinalados na cita, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite.
2. Tamén pode solicitar cita a través dos teléfonos: Rexistro Xeral: 881 505 107
Atención ao Contribuínte: 981 542 384
Rexistro/Información de Urbanismo: 981 542 420.
REXISTRO ELECTRÓNICO:
1. Acceda á sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela mediante DNI ou certificado dixital admitido
2. Cubra os datos e achegue a solicitude, se é preciso, e a documentación que indica o trámite, asinada dixitalmente
3. No suposto de que o trámite inclúa un modelo de solicitude asociado en formato pdf, é necesario cubrilo e achegalo
PRESENCIAL CON CITA PREVIA
1. Acuda á oficina de asistencia en materia de rexistro, o día e a hora sinalados na cita, co seu documento oficial de identidade e a documentación esixida para realizar o trámite.
2. Tamén pode solicitar cita a través dos teléfonos:
Que efectos ten a presentación dunha solicitude, escrito ou denuncia ante o Concello?
O Concello debe darlle una resposta.
O prazo máximo que vostede debe esperar á "resolución", ven establecido na normativa que regula cada procedemento concreto.
O prazo máximo que vostede debe esperar á "resolución", ven establecido na normativa que regula cada procedemento concreto.
Quen debe tramitar os procedementos administrativos?
Desde el Rexistro Xeral remitirase a súa petición, solicitude ou denuncia, ao Departamento, Servizo, Sección ou negociado encargado da xestión do trámite, segundo as competencias atribuídas.
Como recibirá información sobre o estado do seu procedemento?
Calquera circunstancia que deba coñecer sobre a tramitación do seu procedemento, seralle notificada á dirección que sinalara para elo, ben a través do servizo de correos (por correo certificado), ou ben de manira persoal por empregados do Concello.
As notificacións deberán conter:
As notificacións deberán conter:
- Texto íntegro do acto que se lle está notificando.
- Indicación de si es ou no un acto definitivo en la vía administrativa.
- Recursos que pode presentar se non está de acordo coa resolución.
- Órgano ante o que debe interpoñelo e prazo para a súa presentación.
Que facer se a guindastre municipal retira o seu vehículo da vía pública?
Se o seu vehículo foi retirado da vía pública pola guindastre municipal debe acudir ao Centro de retirada de vehículos. (Rúa de Catela e León, s/n -Polígono Costa Vella; teléfono: 981 582 220.
Como pode reciclar aceite usado?
O aceite de fritura pode depositarse nos puntos limpos fixos ou móbiles, e nos colectores situados a tal efecto en 15 centros cívicos do Concello, onde será recollido por Compostela Inserta, empresa local de inserción laboral promovida pola "Asociación Plataforma polo emprego". Pode atopar máis detalles no Folleto informativo
Cómo solicitar o servizo gratuíto de recollida de enseres?
Debe realizar a solicitude de retirada no teléfono 981 565 469. Indicaranlle día, hora e lugar de recollida.
Como debe reclamar por un dano responsabilidade do Concello?
Deberá presentar unha reclamación onde ademais de indicar os seus datos persoais (DNI, domicilio a efectos de notificación ...), especificarse:
O dereito a reclamar prescribe ó ano de producido o feito ou acto que motive a indemnización. En caso de lesións físicas os psíquicas o prazo computarase dende a curación ou determinación do alcance das secuelas.
Normativa reguladora:
- Art. 67 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas 39/2015 do 1 de outubro de 2015.
- Capítulo IV (artigos 32 a 37) da lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
- As lesións/danos producidos.
- A presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público.
- A avaliación económica da responsabilidade patrimonial, si fose posible.
- Momento e lugar no que a lesión/dano efectivamente produciuse.
- A reclamación irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións se estimen oportunos ( fotografías, declaracións xuradas de testemuñas, etc.).
- Deberá realizar a proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.
O dereito a reclamar prescribe ó ano de producido o feito ou acto que motive a indemnización. En caso de lesións físicas os psíquicas o prazo computarase dende a curación ou determinación do alcance das secuelas.
Normativa reguladora:
- Art. 67 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas 39/2015 do 1 de outubro de 2015.
- Capítulo IV (artigos 32 a 37) da lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
Onde podo consultar e xestionar os trámites administrativos do Concello?
Pode consultar os trámites que xestionan todos os departamentos municipais na sede do Concello