Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Cambio de horario para solicitar a renovación da tarxeta bonobús a partir do 1 de xullo

Debido aos labores de actualización das ferramentas informáticas para a solicitude de renovación da tarxeta bonobús do Concello de Santiago e por necesidades do servizo, a partir do 1 de xullo e ata o 1 de setembro, o horario de presentación de solicitudes e renovación de tarxetas bonobús será os martes e xoves de 9 a 14 horas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Desvío na liña P1 do transporte urbano (a partir do mércores 7 de xuño)

Con motivo dunhas obras no cruzamento entre Cruceiro do Gaio e a Calzada do Carme de Abaixo, a liña P1 realizará desvío nos traxectos en sentido Figueiras:

*P1 San Caetano - Figueiras - Folgoso: desde a rúa do Pombal desviarase por Galeras, Santa Isabel e Monte Pío, retomando o seu itinerario habitual na parada 162, Carme de Abaixo (c. Monte Pío).

Quedarán anuladas neste sentido de circulación as paradas: 224, Cruceiro do Gaio (acceso Carme de Abaixo) e 164, Carme de Abaixo 2. A liña realizará como parada alternativa a Cruceiro do Gaio a situada en Galeras nº 16A.

O traxecto desde Folgoso a San Caetano realizarase polo itinerario habitual sen desvíos.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na costa de San Francisco (15 - 30 de maio)

Desde o luns 15 ata o martes 30 de maio, a costa de San Francisco vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación das pedras da súa calzada.

Debido a este corte, os vehículos que suban pola rúa Domingo García-Sabell serán desvíados pola rúa de Entrerríos.

O acceso ao Hotel San Francisco farase pola rúa dos Castiñeiros e ao Centro de Saúde de Galeras a través da rúa Domingo García-Sabell.

Permitirase o acceso ao aparcamento de Medicina, realizando a entrada e a saída dende a avenida de Xoán XXIII. A entrada ó resto dos centros afectados: biblioteca, facultades, colexios, parkings e praza do Obradoiro, tamén discurrirá a través da avenida de Xoán XXIII.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

A veciñanza da rúa de Vedra contará con prazas de estacionamento no aparcadoiro de Pontepedriña de xeito temporal

Debido ás restricións ao tráfico e estacionamento na rúa de Vedra, o Concello habilita un espazo, durante o tempo que duren as restricións, reservado para residentes no aparcadoiro de longa duración de Pontepedriña.

A veciñanza coa condición de residente da zona 1, que abrangue a zona afectada, contará cun espazo debidamente sinalizado para o estacionamento no primeiro tramo do aparcadoiro de Pontepedriña entre as rúas Amor Ruibal e Escultor Camilo Otero.

Esta medida entrará en vigor o próximo luns día 13 de marzo.

MOBILIDADE

Desvío por corte de tráfico na zona de Conxo (a partir do martes 14 de febreiro de 2023 ás 8:30)

A partir das 8.30 h do martes 14 de febreiro abre de novo ao tráfico o sentido de circulación desde a rotonda de Conxo a Benéfica de Conxo. As liñas que circulan pola zona realizarán os desvíos previos ao corte total da rúa:

(DESVÍO EN VIGOR ACTUALMENTE QUE CONTINUARÁ A REALIZARSE):

*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa das Casas Reais a partir do 6 de febreiro

A partir do vindeiro luns, 6 de febrero, e polo prazo de dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa das Casas Reais para realización de traballos de mantemento do pavimento.

O Concello de Santiago pregalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona do Campo de Conxo a partir do 1 de febreiro

A partir do vindeiro mércores día 1 de febreiro, a Xunta de Galicia vai proceder coa reparación de parte do pavimento da obra que realizou no contorno do barrio de Conxo. O tramo afectado é o comprendido entre a rotonda de acceso da SC-20 e a rotonda da rúa Benéfica de Conxo, xunto a Televés.

Estes traballos conlevan que, dende esa data e durante un prazo de 2-3 semanas, o tráfico de subida cara ao centro da cidade quedará cortado á altura da mencionada rotonda de Televés, circulación que xa estaba limitada ao bus urbano e transportes autorizados.

Queda permitida a circulación de entrada dende a rotonda da SC-20 cara a rúa de Torrente e adxacentes.

Transporte urbano
Por mor deste corte, a partir do mércores 1 de febreiro ás 9.00 h, produciranse os seguintes cambios:

*Desde a rotonda de Conxo cara o Campo e a Benéfica de Conxo (Televés), os autobuses poderán circular con normalidade (liña 5 sentido Rocha e liña C2).

*Desde a Benéfica de Conxo (Televés) cara a rotonda de Conxo, a liña 5 en sentido centro cidade e Vite, a liña 12 e a liña C4 só poderán chegar ata Televés, desde onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, periférico SC-20 e desde a rotonda de Conxo continuará cada liña có seu itinerario habitual, ben á avda. de Ferrol (liñas 5 e 12), ben a Ramón Baltar (liña C4).

-Quedará suprimida a parada 412, Psiquiátrico de Conxo, en sentido centro cidade. Os usuarios poden dirixirse ás paradas anterior ou posterior dos percorridos das liñas (Benéfica de Conxo - Televés, avda. de Ferrol ou Ramón Baltar, dependendo da liña).

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar

MOBILIDADE

Modificación na liña 4 na zona do Romaño (a partir do mércores 30 de novembro)

A partir do mércores 30 de novembro, a liña 4 do transporte urbano modificará por motivos de seguridade a súa parada terminal de liña na zona do Romaño.

En todos os servizos da liña, os autobuses realizarán o cambio de sentido en Ponte do Romaño na rotonda de confluencia có vial que accede ao polígono do Tambre, realizando deste xeito a parada situada ao carón da devandita rotonda.

A actual parada terminal da liña 4 pasará a ser a segunda parada do percorrido en sentido ao centro da cidade.

MOBILIDADE

Modificación na liña P7 (a partir do luns 21 de novembro)

A partir do luns 21 de novembro, varios servizos do autobús que cobre a ruta de Pardaces da liña P7 modificarán uns minutos a súa saída:

Luns a venres laborables:

*Pardaces - Porta do Camiño, 6:50 --- pasa a realizarse ás 6:45

*Pardaces - San Caetano, 7:30 --- pasa a realizarse ás 7:20

*San Caetano - Peregrina (circular Aradas), 7:55 --- pasa a realizarse ás 7:45

*Volta Peregrina-Aradas-Pardaces-Porta do Camiño, 8:15 --- pasa a realizarse ás 8:05

Os restantes horarios da liña se manteñen como na actualidade.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa Costa do Vedor (a partir do 21 de novembro)

A partir do vindeiro luns, 21 de novembro, a rúa Costa do Vedor quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras para a reparación da parte da calzada que conta con chapacuña. O tramo afectado, que se estende dende o cruce coa rúa Pablo Leis ata a Cruz de San Pedro (dos números 2 ao 14 e do 1A ao 17), estará totalmente pechado á circulación durante 12-14 días, o tempo necesario para o fraguado do material.

No resto da rúa, os residentes poderá acceder aos seus garaxes a través da rúa Quiroga Palacios, polo que para facillitar o posible cruce entre vehículos,quedará prohibido o aparcamento en superficie das dúas zonas existentes da rúa.

De igual modo, o luns día 28 de novembro, as obras de reparación do pavimento trasladaranse á rúa das Fraguas. Nesta caso, a realización dos traballos permitirá a circulación dos vehículos, pero o espazo de estacionamento estará destinado ao paso dos vehículos, polo que quedará prohibido o aparcamento.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: