Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Castrón Douro e parte da rúa do Sar (a partir do 6 de novembro)

A partir do luns 6 de novembro, o último tramo da rúa de Castrón Douro e parte da rúa de Sar sufrirán unha serie de restricións na circulación por mor das obras de acondicionamento da calzada, consistentes na eliminación da pedra existente e o seu posterior formigonado. A duración estimada para a realización desta obra é de 8 a 9 semanas.

O tráfico quedará afectado da seguinte maneira:

- Quedará cortado un carril da zona en obras, dando paso alternativo á circulación por medio da instalación de semáforos de obra.
- Estará prohibida a entrada á praza de Marcial Villamor desde o cruzamento con Castrón Douro, polo que os vehículos deberán entrar a través da rúa do Olvido. Para saír da praza de Marcial Villamor, os vehículos deberán facelo en dirección á rúa de Curros Enríquez, quedando prohibido o xiro cara á rúa de Sar.
- Os vehículos que baixen polo primeiro tramo da rúa Castrón Douro, cando cheguen ao cruzamento coa saída da praza Marcial Villamor, deberán xirar obrigatoriamente á dereita cara á rúa Curros Enriquez.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa do Penedo ( a partir do 6 de novembro)

A partir do luns 6 de novembro o camiño que une a rúa do Penedo co aparcadoiro situado baixo o viaduto do ferrocarril da Pontepedriña quedará pechado ao tráfico por mor da instalación de pantallas acústicas por parte de Adif, no marco do "Proxecto de Protección Acústica do Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Tramo Padrón- A Coruña". A duración estimada dos traballos será de 4 semanas.

O corte será efectivo á altura do cruzamento das rúas do Penedo e Bermejo, polo que a única entrada ao aparcadoiro será dende a Pontepedriña, rúa do Río Arriba.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico debido ás obras na praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo

Este xoves, 26 de outubro, darán comezo as obras de reurbanización da praza da Nosa Señora da Mercé de Conxo, situada ao final da avenida de Ferrol. A duración da obra está prevista para dous meses.

Os traballos implicarán o corte da circulación no sentido de baixada cara á rotonda de Conxo. Mantense a circulación de subida, polo que o transporte urbano non se verá afectado.

Haberá un corte no cruce da avenida de Ferrol coa rúa Xosé Pasín, por onde só poderán acceder os residentes e os servizos do último tramo da avenida.

O segundo corte da obra será na entrada da propia praza.

Os vehículos que saian da cidade cara a rotonda de Conxo baixando pola avenida de Ferrol, deberán desviarse pola rúa José Angel Valente ata a rúa Xosé Pasín, e desde esta acceder á rúa Sánchez Freire e desembocar na rotonda.

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

NOVA DATA para o corte de tráfico na rúa Pastoriza (a partir do 18 de setembro)

A partir do vindeiro luns, 18 de setembro, a rúa da Pastoriza quedará pechada ao tráfico durante aproximadamente 3 meses debido á execución das obras de urbanización e de adecuación das infraestruturas urbanas da vía. O obxectivo desta intervención é a mellora da mobilidade e accesibilidade do barrio da Almáciga na súa vertente oeste e nas súas zonas altas. En concreto, esta fase centrarase nesta arteria principal que se estende desde San Roque ata a praza da Paz, xa en Salgueiriños, e que conecta o barrio co resto da cidade.

Durante os tres meses estimados de duración dos traballos, os vehículos serán desviados cara ás rúas Xoán XXIII e Coímbra.

Transporte urbano

Por mor destas obras, as liñas que circulan pola zona terán que realizar desvíos a partir do 18 de setembro nos dous sentidos de circulación. En concreto, veranse afectadas as seguintes liñas: 1, 4, 5, 6, 6A, 8, 9, C6, P1, P2, P4, P5, P6 e P7.

Na páxina web de Tussa pódense consultar as paradas suprimidas e alternativas para cada liña.

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Cortes de tráfico puntuais debido ás obras na praza de León a partir do 10 de xullo

A partir do vindeiro luns, 10 de xullo, darán comezo as obras de urbanización e humanización da praza de León no barrio da Pontepedriña coa que se levará a cabo a peonalización e mellora da accesibilidade da zona, incluíndo a instalación dun parque infantil e o redeseño da pavimentación e axardiñamento.

Durante os catro meses estimados de duración dos traballos, eliminarase unha das franxas dedicadas ao estacionamento da praza para habilitar un carril especial que permitirá o paso dos vehículos, polo que se manterá a circulación normalmente. Nas rúas da contorna da praza, produciranse cortes de tráfico puntuais durante a duración das obras.

Trátase dunha actuación vinculada a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Santiago de Compostela (EDUSI - REVIVE COMPOSTELA). Encádrase dentro do Vector Estrátexico CI "Compostela Inclusiva", na Liña de Actuación nº 5: "Recuperación do espazo público e mellora do entorno".

O Concello de Santiago de Compostela prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lle poidan ocasionar.

SERVIZOS BÁSICOS COMUNITARIOS

Horario de verán para a recollida de lixo na cidade histórica e cambio de emprazamento da illa de quita e pon da praza do Toural

Dende este xoves 6 de xullo varíase o horario de colocación das illas de quita e pon de recollida de lixo domiciliario e lixo miúdo de oficinas e comercio.

As illas comezarán a colocarse nos seus respectivos emprazamentos para estar dispoñibles para o depósito de residuos a partires das 20:00 h.

Por outra banda, dada a multitude de eventos previstos durante o verán trasládase temporalmente a illa de reciclaxe da praza do Toural á praza de Fuenterrabía.

Así pois, as illas estarán a disposición da veciñanza dende este xoves 6 de xullo e a partires das 20:00 horas nas seguintes localizacións:

1. Praza da Algalia de Abaixo
2. Rúa Salvador Parga
3. Rúa de Santo Agostiño - Ameas
4. Praza de Mazarelos
5. Praza de Cervantes
6. Praza de San Martiño Pinario
7. Praza de Praterías
8. Praza de Fuenterrabía
9. Travesa de Fonseca
10.Rúa Carretas

As illas de reciclaxe de quita e pon son espazos temporais para depositar os residuos procedente das vivendas e os residuos miúdos de oficinas e comercio, e que están en funcionamento en diversos puntos da zona vella cun amplo horario, que vai dende as 20:00 ás 23:30 horas.

Nesta franxa temporal, a veciñanza pode depositar separadamente as diferentes fraccións de residuos domiciliarios: papel e cartón, vidro, envases lixeiros, orgánica e resto.

MOBILIDADE

Servizo de transporte para o ciclo "Atardecer no Gaiás" na Cidade da Cultura

O acceso á Cidade da Cultura pódese realizar coa liña 9.

Para a volta tras a finalización dos concertos, a saída da liña C11 ás 22:33 do Camiño Francés fará prolongación saíndo da Cidade da Cultura ás 22:45 e continuando o seu percorrido habitual cara o centro.

Días:

-Mes de xullo de 2023: días 5, 6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28.
-Mes de agosto de 2023: días 3, 4, 10, 11, 17, 18, 24, 25 e 30.

Horarios e itinerario da liña na web de Tussa.

MOBILIDADE

Cambio de horario para solicitar a renovación da tarxeta bonobús a partir do 1 de xullo

Debido aos labores de actualización das ferramentas informáticas para a solicitude de renovación da tarxeta bonobús do Concello de Santiago e por necesidades do servizo, a partir do 1 de xullo e ata o 1 de setembro, o horario de presentación de solicitudes e renovación de tarxetas bonobús será os martes e xoves de 9 a 14 horas.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Desvío na liña P1 do transporte urbano (a partir do mércores 7 de xuño)

Con motivo dunhas obras no cruzamento entre Cruceiro do Gaio e a Calzada do Carme de Abaixo, a liña P1 realizará desvío nos traxectos en sentido Figueiras:

*P1 San Caetano - Figueiras - Folgoso: desde a rúa do Pombal desviarase por Galeras, Santa Isabel e Monte Pío, retomando o seu itinerario habitual na parada 162, Carme de Abaixo (c. Monte Pío).

Quedarán anuladas neste sentido de circulación as paradas: 224, Cruceiro do Gaio (acceso Carme de Abaixo) e 164, Carme de Abaixo 2. A liña realizará como parada alternativa a Cruceiro do Gaio a situada en Galeras nº 16A.

O traxecto desde Folgoso a San Caetano realizarase polo itinerario habitual sen desvíos.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na costa de San Francisco (15 - 30 de maio)

Desde o luns 15 ata o martes 30 de maio, a costa de San Francisco vai quedar cortada ao tráfico por mor das obras de reparación das pedras da súa calzada.

Debido a este corte, os vehículos que suban pola rúa Domingo García-Sabell serán desvíados pola rúa de Entrerríos.

O acceso ao Hotel San Francisco farase pola rúa dos Castiñeiros e ao Centro de Saúde de Galeras a través da rúa Domingo García-Sabell.

Permitirase o acceso ao aparcamento de Medicina, realizando a entrada e a saída dende a avenida de Xoán XXIII. A entrada ó resto dos centros afectados: biblioteca, facultades, colexios, parkings e praza do Obradoiro, tamén discurrirá a través da avenida de Xoán XXIII.

O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: