TESOURERÍA. SECCIÓN DE INSPECCIÓN TRIBUTARIA

Publicacións relativas a notificacións de procedementos de comprobación limitada, revisión de actos en vía administrativa e sancionador

Publicacións no BOE do 15 de outubro de 2018 relativas a notificacións de procedementos de comprobación limitada, de revisión de actos en vía administrativa e sancionador.

TRÁFICO

Procedementos de resolución de recursos e sancións en materia de tráfico

Publicación no BOE de varios procedementos de resolución de recursos e sancións en materia de tráfico.

EDUCACIÓN

Premios Educacompostela de recursos educativos en prol da innovación, a calidade educativa e a renovación predagóxica

O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.

Os orixinais para optar aos premios deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela. O prazo de presentación de orixinais ábrese coa publicación destas bases no boletín oficial da provincia da Coruña ata o 31 de outubro de 2018.

EDUCACIÓN

Servizo de comedor escolar e madrugadores

O Concello de Santiago de Compostela puxo en marcha o 12 de setembro de 2018 o servizo de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e no caso do CEIP Arquitecto Casas Novoa, só o servizo de madrugadores.

Todas as familias que solicitaron praza no Rexistro Xeral do Concello de Santiago nos prazos establecidos están admitidas, e comenzarán a facer uso do mesmo na data que indicaron na ficha de inscrición. Non poderán facer uso de xantar e almorzo os usuarios con recibos impagados de cursos anteriores.

Aquelas familias que non solicitaron o servizo e o necesiten, teñen que realizar a correspondente tramitación a través do Rexistro Xeral do Concello, cubrindo o impreso correspondente, que poden descargar da páxina web municipal www.santiagodecompostela.gal (banner de comedores escolares).

Direccións relacionadas

TESOURERÍA. SECCIÓN DE XESTIÓN

Exposición pública do padrón do IAE e inicio do período voluntario de cobranza do exercicio 2018

Configurado pola Tesourería o padrón do imposto sobre actividades económicas do período impositivo 2018, ao abeiro do artigo 20 da Ordenanza 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público (OXRI), o citado padrón estarán a disposición do público na Oficina de Atención ao Contribuínte sita na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, durante un prazo de 15 días a contar dende a data da publicación do anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo.

O período voluntario de pagamento deste tributo será o comprendido entre o 20 de setembro e o 20 de novembro de 2018.

Documentos relacionados

EDUCACIÓN

Obradoiros nas escolas infantís municipais. Curso 2018-19

Obradoiros para o curso 2018-2019 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

As persoas interesadas terán que cubrir e presentar o impreso de solicitude no Rexistro xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende 4, Galeras) ou no Rexistro auxiliar do Centro Sociocultural do Ensanche (Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 Baixo),ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O prazo de presentación da solicitude ábrese o día 3 de setembro de 2018. As admisións das solicitudes presentadas polas persoas interesadas, realizarase por rigurosa orde de entrada nos rexistros, referidos con anterioridade. Esta orde de entrada (en canto ao día e hora de presentación) determinará a confección da listaxe de persoas admitidas e excluídas neste procedemento, en atención as prazas dispoñibles, e referidas con anterioridade, en cada Escola Infantil Municipal.

Direccións relacionadas

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Bases da convocatoria de axudas para mellora e innovación do comercio local. Anualidade 2018

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación do comercio local na anualidade 2018.

O prazo xeral de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación desta convocatoria no boletín oficial da provincia da Coruña e rematará o 22 de outubro de 2018.

Documentos relacionados

CONCELLARÍA DE IGUALDADE, DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E TURISMO

Convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018

Publicación da convocatoria e bases reguladoras do Premio Xohana Torres, de ensaios e creacións audivisuais, edición 2018.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas


Compartir: