Este formulario de solicitude estará activado ata as 23:59 horas do 21 de xuño de 2023


AVISO: lémbrase a todas as entidades promotoras e particulares de ocupacións da vía pública para a celebración de cacharelas/sardiñadas por mor das Festas de San Xoán 2023 que, de conformidade co disposto no artigo 10 do Decreto 226/2022, de 22 de decembro, publicado no DOG nº 13, de 19 de xaneiro de 2023, deberá presentarse, ademais da documentación á que fai referencia o modelo de solicitude MO002, o recibo de pago da póliza de seguro de responsabilidade civil que procede contratar segundo o capital mínimo asegurado que recolle o artigo 8 da dita disposición legal.

Dende esta aplicación poderá comunicar a realización de cacharelas/sardiñadas que se leven a cabo en terreos privados. A data de inicio da presentación será dende as 00:00 horas do día 29 de maio de 2023 ata as 23:59 horas do 21 de xuño de 2023.

Para a celebración das Cacharelas/Sardiñadas en terreos de propiedade privada deberán presentar comunicación previa da actividade a través deste formulario. Aquí pode consultar as normas.

A continuación, deberá cubrir o formulario de comunicación de cacharelas/sardiñadas para terreos privados e premer o botón enviar.

Ao rematar recibirá unha mensaxe de recepción da súa solicitude no Dpto. Municipal de Tráfico e Seguridade Cidadán, sendo suficiente este trámite para a realización do evento.

As solicitudes para cacharelas e/ou sardiñadas en terreos de propiedade privada tamén se poderán facer a través da sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal), presentando a comunicación previa debidamente cumprimentada e asinada.

CACHARELAS EN ESPAZOS PÚBLICOS

As persoas, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada na súa zona de residencia deberán presentar a solicitude correspondente (trámite "Autorización da ocupación da vía pública para celebración de cacharelas") na Sede electrónica do Concello de Santiago (https://sede.santiagodecompostela.gal), sinalando o nome, enderezo, teléfono, copia do D.N.I. dos responsables da organización ou comunidade, e todos os datos que constan no modelo da solicitude, así como as declaracións responsables que correspondan, debidamente asinadas.

A solicitude debe ir acompañada dun plano de situación do espazo público (no privado non se necesita plano) no que se vai a situar a cacharela/sardiñada; así como da situación de todos os elementos, que ademais da cacharela se coloquen no espazo autorizado.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica, ou na Rede SARA, dende o 29 de maio ata as 23:59 horas do 21 de xuño de 2023.


Solicitante

Representante

Datos da Cacharela

    
    


- Esta comunicación é documentación suficiente para poder leva a cabo a actividade; poren non eximirá en ningún caso das responsabilidades por danos ou perdas a que houber lugar no caso de que concorrera neglixencia ou imprudencia.
- A fogueira gardará as distancias mínimas marcadas polo Concello, con respecto a vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais susceptibles de ser queimadas.
- A fogueira permanecerá vixiada polos solicitantes ata a súa total extinción que deberá ser asegurada empapando os restos totalmente con auga.
- No caso de que se levante vento que poida dificultar a vixilancia e extinción da fogueira esta deberá suspenderse ou apagarse de inmediato.
- O/A solicitante será sempre o responsable dos danos e prexuízos que a fogueira ocasione.

O solicitante manifesta coñecer e responsabilizase de cumprir as normas.


Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

Compartir: