Cibercaixa

Descrición

O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e a Fundacion La Caixa de Barcelona asinaron un Convenio de colaboración para a posta en marcha do programa "Cibercaixa. Quedamos ao saír de clase", co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, dar apoio aos nenos e nenas no seu proceso de socialización e maduración nun entorno de educación non formal, traballar na prevención de condutas desadaptativas, asi como a creación de espazos de relación e comunicación a través da dinamización educativa en horarios extraescolares.

A CIBERCAIXA consta de tres espazos integrados:

A) ESPAZO DE INFORMÁTICA: zona equipada con ordenadores onde os participantes podan relacionarse a través destes recursos informáticos..

B) ESPAZO DE LECTURA E AUDIOVISUAIS: zona equipada con libros, películas, documentais, DVDs e equipos audiovisuais ao alcance de todos os usuarios da CiberCaixa.

C) ESPAZO INFANTIL: zona equipada con mobiliario e recursos específicos para os máis pequenos. Neste espazo, os nenos e nenas teñen ao seu alcance, material pedagóxico, programas educativos e actividades dirixidas.

Dirixido a

DESTINATARIOS: nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Requirimentos

REQUISITOS:

•Incompatibilidade do horario laboral dos pais e nais / titores co coidado dos seus fillos/as.

•Nenos e nenas que permanecen moito tempo sen adultos coidadores.

•Nenos e nenas, con informe dos Servizos Sociais.

Notas para o cidadán

MÁIS INFORMACIÓN:

Departamento de Educación do concello de Santiago de Compostela
Tel:981 55 44 00
Fax: 981 57 15 11
dptoeducacion@santiagodecomposteñla.org
www.santiagodecompostela.gal

Solicítase en

Educación
Enderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.

Formularios



Compartir: