Cibercaixa
Descrición
O Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela e a Fundacion La Caixa de Barcelona asinaron un Convenio de colaboración para a posta en marcha do programa "Cibercaixa. Quedamos ao saír de clase", co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, dar apoio aos nenos e nenas no seu proceso de socialización e maduración nun entorno de educación non formal, traballar na prevención de condutas desadaptativas, asi como a creación de espazos de relación e comunicación a través da dinamización educativa en horarios extraescolares.A CIBERCAIXA consta de tres espazos integrados:
A) ESPAZO DE INFORMÁTICA: zona equipada con ordenadores onde os participantes podan relacionarse a través destes recursos informáticos..
B) ESPAZO DE LECTURA E AUDIOVISUAIS: zona equipada con libros, películas, documentais, DVDs e equipos audiovisuais ao alcance de todos os usuarios da CiberCaixa.
C) ESPAZO INFANTIL: zona equipada con mobiliario e recursos específicos para os máis pequenos. Neste espazo, os nenos e nenas teñen ao seu alcance, material pedagóxico, programas educativos e actividades dirixidas.
Dirixido a
DESTINATARIOS: nenos e nenas de 3 a 12 anos.Requirimentos
REQUISITOS:•Incompatibilidade do horario laboral dos pais e nais / titores co coidado dos seus fillos/as.
•Nenos e nenas que permanecen moito tempo sen adultos coidadores.
•Nenos e nenas, con informe dos Servizos Sociais.
Notas para o cidadán
MÁIS INFORMACIÓN:Departamento de Educación do concello de Santiago de Compostela
Tel:981 55 44 00
Fax: 981 57 15 11
dptoeducacion@santiagodecomposteñla.org
www.santiagodecompostela.gal
Solicítase en
EducaciónEnderezo: Avenida Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Tel.: 981 554 400 / 981 554 401
Correo: Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h.
Formularios
Enlaces
- Datas das xornadas de portas abertas coas familias usuarias dos servizos de comedor escolar..
- Información xeral servizo de madrugadores e comedores escolares. Curso 2017/18.
- Calendario das reunións informativas coas familias coas usuarias dos servizos de comedor.
- Centro de Interpretación do Medio Rural.
- Programa de actividades Centro de Interpretación do Medio Rural.
- "EstudoXoven 2011".
- Programa pedagóxico para escolares. Aula de Patrimonio.
- Guía didáctica BRUNDIBÁR.
- Admisión no ensino público.