Premio Xohana Torres

Descrición

O Premio Xohana Torres foi instituído pola Concellaría da Muller do Concello de Santiago de Compostela no ano 1993 co obxecto de contribuír ao coñecemento sobre as mulleres que destacaron nalgún eido, tanto na actualidade como no pasado, na vida da nosa comunidade. Nas primeiras dezasete edicións premiáronse os traballos inéditos de investigación referidos a calquera aspecto social, histórico ou humano das mulleres dentro da comunidade galega. Nas edicións correspondentes aos anos 2009 e o 2010, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico, para abarcar diversas disciplinas como a ciencia, a filosofía, a historia, a antropoloxía ou a literatura, tendo como obxectivos e protagonistas as mulleres galegas. Entre o 2011 e o 2015 este premio no foi convocado. No ano 2016 recuperouse de novo o Premio Xohana Torres, mantendo a esencia pola que se creou, orientándoo á recuperación da MEMORIA HISTÓRICA DAS MULLERES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Dirixido a

Poderán concorrer todas as persoas, de xeito individual ou colectivo, que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade, nunha soa das seguintes modalidades: ensaio ou creación audiovisual.

Solicítase en

Igualdade
Enderezo: Isaac Díaz Pardo, 2-4
Tel.: 981 542 465
Correo: cim@santiagodecompostela.gal
Web: https://cimcompostela.gal

Documentación



Compartir: