Centro de información ás mulleres (CIM)
Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Galeras)
Tel.: 981 542 465 // Fax: 981 542 469
Cita previa

cim@santiagodecompostela.gal

Puntos de atención de servicios sociais-PASS
  • PASS Galeras
  • Rúa Isaac Díaz Pardo, 2-4 (Galeras)
    Tel.: 981 542 465
  • PASS CABES
  • Casa de las Asociaciones de Bienestar Social (CABES)
    Rúa Manuel María, 6 (Salgueiriños)
    Tel.: 981 542 471
  • PASS Fontiñas
  • Centro sociocultural As Fontiñas
    Rúa Berlin, 13
    Tel.: 981 528 750
  • PASS Ensanche
  • Centro social do Ensanche
    Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16
    Tel.: 981 543 001

    Enderezos de interés
    Xunta de Galicia. Consellería de Política Social: www.xunta.gal/politica-social
    Estado. Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social: www.mscbs.gob.es

    Santiago de Compostela é unha cidade comprometida solidariamente con políticas sociais encamiñadas á cobertura das necesidades individuais e colectivas e á erradicación de calquera clase de desigualdade e marxinación social, que aposta por un modelo social que procure a integración participativa na vida comunitaria, garanta a protección dos dereitos sociais, políticos e económicos dos cidadáns e cidadás máis desfavorecidas e en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

    Os servizos sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que desenvolve programas e presta axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario.

    Para garantir a cohesión social, construír unha cidade inclusiva e artellar as políticas de solidariedade, igualdade e equidade social o Concello de Santiago xerou unha rede municipal de servizos sociais que teñen como obxectivos:
    • A detección e análise das necesidades e carencias sociais e a organización das prestacións de protección e asistencia social.
    • A información, orientación e asesoramento aos cidadáns sobre os seus dereitos sociais.
    • O desenvolvemento de políticas integrais para favorecer a igualdade de oportunidades e a integración social.
    • A inserción social da cidadanía en risco de exclusión vulnerabilidade social.
    • A animación e o artellamento comunitario.
    • A mellora da cooperación e solidariedade a través do voluntariado.

    Os servizos sociais organízanse a través do centro municipal, no que un equipo interdisciplinar de profesionais do ámbito social desenvolven programas e proxectos dirixidos a todos os cidadáns, e facilítase o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: (ver enlaces)
    • Infancia e familia
    • Persoas maiores
    • Persoas dependentes e/ou con discapacidade.
    • Promoción social
    • Inclusión social
    • Igualdade

    Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



    Compartir: