Rexistro Xeral
Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixoHorario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:00 horas.
A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:00 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.
Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.
O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.
Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.
Rexistros auxiliares específicos:
Teléfono cita previa: 981 542 384
Teléfono cita previa: 981 542 420
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. No período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderase fixar un horario reducido (deberá consultalo no rexistro ao que se queira dirixir). Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.