Rexistro Xeral
Rúa Presidente Salvador Allende, n. 4 baixoHorario: Atención presencial: de luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 13:30 horas.
A atención presencial no Rexistro Xeral realizarase sen cita previa e unicamente será necesario solicitar número ou quenda na máquina dispensadora de citas.
Os cidadáns poderán obter o seu número ou quenda das 09:00 ás 13:30 horas.
Cada quenda permitirá realizar un máximo de dous trámites. No caso de ter que facer máis de dous trámites, os interesados poderán obter os números que precisen.
Rexistro electrónico do Concello de Santiago en sede.santiagodecompostela.gal
Tamén pode presentar calquera documentación ou solicitude dirixida ao Concello de Santiago a traves da Red SARA
Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita na rúa do Presidente Salvador Allende, 4-baixo.
Asemade poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A documentación relacionada co departamento de Atención ao Contribuínte só será recollida nese departamento.
O Rexistro Xeral NON recolle a documentación que se deba de presentar na oficina de Atención ao Contribuínte.
Para axilizar a tramitación de solicitudes relativas a temas urbanísticos e tributarios prégase a súa presentación nos rexistros auxiliares específicos.
Segundo o disposto no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:
En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:
a) As persoas xurídicas.
b) As entidades sen personalidade xurídica.
c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
e) Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.
Rexistros auxiliares específicos:
Teléfono cita previa: 981 542 384
Teléfono cita previa: 981 542 420
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h. No período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderase fixar un horario reducido (deberá consultalo no rexistro ao que se queira dirixir). Os días 24 e 31 de decembro, aínda que son hábiles a efectos de cómputo de prazos, non abrirán as oficinas municipais, agás a oficina do Rexistro Xeral sita en Galeras, 4-baixo.