• Fiscalización
  • Contabilidade
As funcións da Intervención municipal son as de contabilidade e control interno.

A función de contabilidade comprende o desenvolvemento da contabilidade financeira e de seguimento da execución orzamentaria segundo as normas xerais e as súas normas propias. Tamén lle corresponde a inspección da contabilidade dos organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes da entidade local.

A función de control interno da xestión económica municipal, incluída a dos organismos autónomos e das sociedades mercantís dependentes, desenvólvese mediante a función interventora, de control financeiro e de control de eficacia.

No exercicio da función, Intervención fiscaliza os actos que dan lugar ao recoñecemento e liquidación de dereitos e obrigas, os ingresos e pagos, e á recadación, investimento e aplicación dos fondos públicos para que se axusten á normativa aplicable.

No exercicio da función de control financeiro comproba o funcionamento no aspecto económico-financeiro dos servizos municipais, dos seus organismos autónomos e das sociedade mercantís dependentes, mediante o sistema de auditoría, para informar sobre a adecuada presentación da información financeira e o cumprimento das normas.

O control de eficacia comproba periodicamente o grao de cumprimento dos obxectivos, a análise do custe de funcionamento e o rendemento dos servizos e investimentos.



Compartir: