O Departamento de Contratación facilita os pregos de condicións económicos, administrativos e técnicos, compulsa documentación de contratos convocados polo Concello e informa sobre expedientes en curso, condicións de contratos e proxectos de execución de obras.

Tamén asesora a Corporación na materia de contratación administrativa, colabora cos departamentos municipais para a contratación de bens e coordina os labores de secretaría das mesas de contratación municipais (concursos, subhastas e procedementos negociados).

Encárgase de tramitar as licitacións, os expedientes de contratación de obras de investimento, obras de mantemento, xestión de servizos públicos, subministracións, compras e adquisicións, consultorías, asistencias técnicas e proxectos de obras municipais. Ademais realiza o seguimento xurídico-administrativo de obras municipais en materias de publicidade, incidencias, modificacións, revisións de prezos, sancións, liquidacións e recepcións.

Intercambia información coa Intervención municipal sobre aspectos económicos das contratacións e cos técnicos responsables da dirección facultativa ou supervisión dos contratos e realiza a tramitación administrativa das certificacións de obras, servizos, subministros, adquisicións e honorarios derivadas dos contratos tramitados co fin de realizar a comprobación, aprobación e notificación e de efectuar a devolución de fianzas dos contratos.

Rexistro de licitadores
O Rexistro de licitadores ten como finalidade facilitar a concorrencia e axilizar a tramitación dos procedementos administrativos de contratación do Concello e constitúe un catálogo de persoas naturais ou xurídicas interesadas en ofrecer as súas prestacións derivadas da súa actividade empresarial.

Trámites



Compartir: