É un organismo autónomo local de carácter administrativo con personalidade xurídica e patrimonio especial. Ten por obxecto a elaboración, deseño e execución dos programas e actividades culturais de maior magnitude no ámbito da música, ópera, teatro, congresos e exposicións.

A súa actividade estrutúrase en torno a sete grandes áreas:
  • Programa de abono de música clásica.
  • Programa de artes clásicas.
  • Ciclo de concertos didácticos para mocidade.
  • Compostela milenium festival.
  • Escola de Altos Estudos Musicais, clases maxistrais e cursos de formación de profesionais da música.
Desde a tempada 1996-97 a Real Filharmonía de Galicia é a orquestra residente do Auditorio.



Compartir: