Xestión tributaria, Recadación e Inspección

O servizo de Xestión, Recadación e Inspección ocúpase de realizar as xestións encamiñadas á consecución material das liquidacións dos tributos e doutros ingresos municipais, así como das recadacións, ao tempo que procura facer efectivo o principio de xeneralidade nas cargas tributarias dos obrigados ao pagamento a través da sección de inspección tributaria.

Atención ao contribuínte

É a canle de comunicación entre o cidadán obrigado ao pago e os diversos servizos encargados de realizar a xestión e recadación de impostos, taxas e prezos públicos.

Entre as funcións que desenvolve atópanse as seguintes:
  • Información sobre os dereitos e obrigas do contribuínte.
  • Asistencia ao usuario do servizo de Xestión, Recadación e Inspección do Concello.
  • Asistencia nas declaracións tributarias e axuda na presentación de Autoliquidacións dos diferentes tributos contemplados nas ordenanzas fiscais municipais
  • Presentación de solicitudes para a tramitación de alteracións da titularidade catastral dos bens inmobles de natureza urbana e rectificación de datos do pagador deses bens.
  • Información e tramitación de beneficios fiscais (exencións e bonificacións) dos diferentes tributos.
  • Emisión de certificados sobre os datos obrantes nos padróns e listaxes de cobro dos diferentes impostos e taxas.
  • Presentación de solicitudes para a tramitación de domicializacións bancarias para o pagamento de tributos.
  • Emisión de documentos de pago dos diferentes ingresos municipais.
  • Presentación de solicitudes para a tramitación de fraccionamento e aprazamento de débedas municipais.
  • Presentación de solicitudes para a tramitación de devolución de ingresos indebidos.
  • Presentación de solicitudes para a tramitación de reclamacións e recursos tanto na fase de xestión como na de recadación dos ingresos municipais.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Compartir: