José Antonio Constenla Ramos

José Antonio Constenla Ramos
Nado na rúa de San Pedro. É o actual voceiro do Grupo Municipal Popular. Estudou Dereito na Universidade de Santiago. Dedícase á consultoría de comunicación e á xestión de entidades universitarias. Foi membro do Claustro da Universidade de Santiago, presidente do Consello da Xuventude de Galicia, membro da Comisión Interdepartamental de Xuventude da Xunta. Colaborador habitual de diferentes medios de comunicación e columnista de varios diarios e medios dixitais.

Alejandro Sánchez-Brunete Varela

Alejandro Sánchez-Brunete Varela
Nado en Santiago (1969). A súa experiencia institucional desenvolveuse na Xunta de Galicia e no Congreso dos Deputados, onde traballou como asesor parlamentario. Centrado nos últimos anos no Concello de Santiago, foi durante un ano concelleiro de Mobilidade e Seguridade.

María Ángeles Antón Vilasánchez

María Ángeles Antón
Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía. Universidade Complutense de Madrid. Funcionaria do Corpo Superior de Administración da Xunta dende 1993, ocupou diferentes cargos de responsabilidade como subdirectora xeral da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago ou directora xeral de Turismo. Foi xerente do Consorcio da Cidade de Santiago dende 2012 ata 2014 e concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Santiago dende xullo de 2014 ata xuño de 2015. Dende 2015 representa ao PP como concelleira na Corporación Municipal de Santiago de Compostela e, en novembro do 2016, accede ao Parlamento de Galicia como deputada do Partido Popular.

Evaristo Ben Otero

Evaristo Ben Otero
Vinculado ao Partido Popular dende moi novo como presidente de NNXX de Santiago. Gran coñecedor da vida política municipal, foi concelleiro dende 1999 ata 2003. Desenvolveu distintas responsabilidades a nivel autonómico e provincial dentro da formación e foi director de campaña nos comicios nacionais, autonómicos e municipais dende 2016. Actualmente ostenta o cargo de vicesecretario xeral de Organización e Territorio do PP da provincia da Coruña. Representa a terceira xeración dunha familia que desenvolveu con éxito a súa actividade empresarial no sector alimentario en Santiago.

Ramón de Jesús Quiroga Limia

Ramón de Jesús Quiroga Limia
Licenciado en Dereito e funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta, con diploma de Directivo Público. Desempeñou diversos postos e cargos en diferentes gobernos, como: na Vicepresidencia da Xunta, como secretario xeral da Axencia Galega de Seguridade Pública; subdirector xeral en Vicepresidencia e subdirector xeral de Administración Local da Xunta de Galicia. Foi concelleiro de Facenda no Concello de Santiago.

Beatriz Cigarrán Vicente

Beatriz Cigarrán Vicente
Nada en Casas Reais, en Santiago de Compostela. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Facultativa especialista de Medicina Interna no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

María Castelao Torres

María Castelao Torres
Nada en 1984 en Val do Dubra. Licenciada en Xeografía, estudou tamén o Bacharelato Internacional no Instituto Rosalía de Castro. Comezou a súa carreira profesional dedicándose á consultoría. Foi asesora da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Entre o 2009 e o 2014 foi concelleira no Concello de Santiago. Ocupou as concellarías de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, Sanidade e Parques e Xardíns, ademais da Concellaría da Área de Servizos Sociais. Actualmente é asesora no gabinete da Consellería de Política Social.

Pedro José Rey Sanchiz

Pedro José Rey Sanchiz
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa especialidade de Economía Internacional. É director da Oficina Web da universidade compostelá. Veciño do centro histórico e apaixonado do cómic, é un gran coleccionista e un dos maiores expertos no mundo de Tintín
Foi concelleiro da anterior corporación municipal entre 2018 e 2019.
Compartir: