O 3 de abril de 1979 a cidade de Santiago viviu as súas primeiras eleccións municipais democráticas e dezasete días despois, o 20 de abril, constituíase a primeira corporación municipal democrática.

O primeiro alcalde co que contou Compostela foi José Antonio Souto Paz, membro de UCD (Unión de Centro Democrático). O 3 de setembro de 1981, Souto Paz presentaba a súa dimisión como alcalde e ocupaba o seu lugar, o 7 de setembro, Marcial Castro Guerra, tamén de UCD.

Na eleccións municipais de 1983 o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) formou goberno coa axuda de UCD. O socialista Xerardo Estévez Fernández tomou posesión como alcalde e exerceu este cargo ata o 29 de abril de 1986, momento no que foi deposto por unha moción de censura provocada pola retirada do apoio de UCD. O 5 de maio de 1986 constituíuse o novo goberno municipal e nomeouse alcalde a Ernesto Viéitez Cortizo de Alianza Popular (AP).

O ano seguinte, 1987 volveu ser ano de eleccións municipais e, desta volta, Xerado Estévez do PSdeG-PSOE facíase coa maioría absoluta, unha maioría que revalidou catro anos despois, en 1991.

A estes primeiros oito anos de maioría absoluta seguíronlle catro anos de maioría simple, nos que seguiu sendo alcalde o socialista Xerardo Estévez. O 17 de xuño de 1998, tres anos despois de gañar as eleccións, Estévez facía pública a súa decisión de retirarse da vida política e a súa intención de non presentarse novamente á Alcaldía. A súa retirada fíxose efectiva o 19 de decembro de 1998 e substituíuno o que foi alcalde ata o 30 de xuño de 2011, Xosé A. Sánchez Bugallo, que tomou posesión o 23 de decembro dese mesmo ano.

Nas eleccións de 1999 o PSdeG-PSOE conseguiu 9 dos 25 concelleiros que conforman o pleno municipal e Sánchez Bugallo tomou posesión como alcalde contando co apoio do Bloque Nacionalista Galego (BNG), co que gobernou en coalición.

A coalición reeditouse na seguinte lexislatura, xa que os resultados das municipais de 2003 outorgáronlle 11 concelleiros ao PSdeG-PSOE, que se serviu novamente do apoio do BNG a partir do acordo de goberno asinado o 12 de febreiro de 2004.

O Goberno en coalición renovouse na lexislatura 2007-2011, despois dos resultados saídos das eleccións do 27 de maio de 2007 e do Acordo de Goberno asinado o 18 de maio de 2007.

Nas eleccións municipais, celebradas o 22 de maio de 2011, o Partido Popular gañou as eleccións por maioría absoluta, obtendo 13 concelleiros. Gerardo Conde Roa tomou posesión como alcalde o 1 de xullo, pero presentou a súa dimisión nun pleno extraordinario o 17 de abril de 2012. Ese mesmo día asumiu o cargo de alcalde Ángel Currás Fernández. Dende o día 8 de xullo de 2014 o cargo de Alcalde foi asumido por Agustín Hernández Fernández de Rojas.

Dende o 13 de xuño de 2015 e ata o 15 de xuño de 2019 foi alcade de Santiago de Compostela Martiño Noriega Sánchez, de Compostela Aberta, despois dos resultados das eleccións municipais celebradas o 24 de maio de 2015.

Xosé A. Sánchez Bugallo é o actua la alcaldesa de Santiago de Compostela, tras as eleccións municipais celebradas o 16 de maio de 2019.
Compartir: