Festas do Apóstolo 2019

CONVITE ABERTO Á CIDADANÍA PARA PRESENCIAR OS FOGOS DO APÓSTOLO


O Concello vai sortear 15 convites dobres (agraciado/a e acompañante) para presenciar os Fogos do Apóstolo dende un espazo habilitado para convidados/as.

Os Fogos tamén se proxectarán este ano sobre o Pazo de Raxoi, quedando este edificio inhabilitado para poder usarse como espazo para presenciar o espectáculo.

Aquelas persoas interesadas en presenciar os Fogos do Apóstolo no espazo reservado para convidados/as a carón do Hostal dos Reis Católicos, deben cubrir os datos do formulario habilitado e remitilo antes das 14:00 horas do vindeiro xoves, 18 de xullo. Deberán indicar nome, DNI, teléfono de contacto, localidade de residencia e dirección de correo electrónico.

Entre as solicitudes recibidas, o venres 19 de xullo, ás 9:00 horas, realizarase no salón de plenos do Concello un sorteo do que resultarán os 15 agraciados/as co convite. O Concello contactará a través do correo electrónico con cada unha das persoas elixidas para comunicarlle o outorgamento do convite. Co obxectivo de que todo funcione correctamente habilitaranse dous días (luns 22 e martes 23) para que as persoas gañadoras se acheguen ao Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, para recoller as invitacións. Nese momento serán informados/as das instrucións de acceso ao lugar habilitado.



PARTICIPACIÓN NO SORTEO DE CONVITES




Consonte o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Poderán ser incorporados aos ficheiros do Concello de Santiago relacionados con este trámite, coa finalidade de utilizalos para as xestións municipais derivadas dos procedementos e consultas que inicia o interesado con esta solicitude. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello.

Compartir: