FESTAS

As festas do Apóstolo, fieis á súa cita co traxe galego

29/07/2017 Unha das citas máis tradicionais das festas do Apóstolo segue sendo o Día do Traxe Galego. A cidade volveu así vestirse de gala para vivir a XXXVIII edición deste evento, que pon en valor as nosas vestimentas tradicionais, contribuíndo así tamén á súa conservación.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros/as integrantes da Corporación recibiron as persoas participantes no desfile que partiu da Alameda e chegou ata a praza do Obradoiro. A festa continuou de tarde coa concentración no parque de Bonaval e o desfile ata a praza da Quintana, onde tivo lugar a exhibición de traxes e onde se coñeceron os premios do certame.

Direccións relacionadas



Compartir: