FESTAS

Fogos artificiais, historias xacobeas e Lamatumbá na noite grande do Apóstolo

23/07/2010

Xa está case todo listo para os Fogos do Apóstolo, que comezarán ás 23:30 horas do 24 de xullo dende o Obradoiro. A organización distribuirá entre os presentes na praza unha guía para seguir o espectáculo. Do 25 ao 30 de xullo haberá réplicas do espectáculo dende a praza do Obradoiro e o sábado 31 os fogos de fin de festa dende a escalinata do Campus Vida.

Leer más

FESTAS

O tradicional Día do Traxe pechará as Festas

22/07/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Rita Miramontes e o director de relacións externas de El Corte Inglés en Galicia, José Antonio Blanco, presentaron tamén en rolda de prensa a XXXII edición do Día do Traxe Galego que se celebrará dentro do marco das festas do Apóstolo o sábado 31 de xullo.

Leer más

FESTAS

Máis de 5.000 artificios e 25.000 efectos pirotécnicos acompañarán o espectáculo sobre a tradición xacobea da noite do 24

22/07/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro; o xerente do Consorcio de Santiago, Xosé Manuel Villanueva; o xerente do Xacobeo, Ignacio Santos; e responsables da Pirotecnia Caballer, Pepe Bravo –xefe de Produción– e Ernesto López –xefe de Operacións– presentaron na sede do Consorcio o espectáculo pirotécnico das Festas do Apóstolo do sábado 24 e as réplicas consecutivas que se farán entre o 25 e o 31 de xullo. En total serán oito días de fogos.

Leer más

FESTAS

Nova Galega de Danza fusiona música e baile na Quintana co espectáculo "Tradicción"

20/07/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, acompañado polo xerente de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, presentou no Teatro Principal o espectáculo Tradicción, da compañía Nova Galega de Danza, que se poderá ver o mércores 21, a partir das 23:00 horas, na praza da Quintana. No acto tamén estiveron presentes os directores artísticos da compañía, Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, e o seu director musical, Pedro Lamas. Esta actividade cultural e de ocio está patrocinada polo...

Leer más

FESTAS

Yolanda Castaño e Jorge Mira darán a benvida ás festas do Apóstolo

Rolda de prensa para presentar o programa.
07/07/2010

O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentou o programa de festas do Apóstolo 2010. En pleno Ano Santo, as festas da cidade preséntanse con 16 días (16-31 de xullo) "cheos de grandes actuacións e concertos en diferentes escenarios da cidade, como a praza do Obradoiro, Quintana, Toural e Alameda", apuntou.

Leer más
Compartir: