FESTAS

Mark Knopfler leva os acordes do seu último traballo ao Multiusos de Sar

27/07/2010 Celébrase en Santiago o Día de Padrón. A comitiva do consistorio padronés realizará unha visita institucional ao Pazo de Raxoi, onde se levará a cabo unha recepción cos membros do goberno compostelán. Xa pola noite, terá lugar unha das actuacións de maior peso e máis agardadas dentro do programa de festas do Apóstolo, Mark Knopfler.

O guitarrista escocés chega a Santiago da man do Xacobeo 2010 cun gran concerto no Multiusos Fontes do Sar, enmarcado na súa xira española de Get Lucky, na que o ex de Dire Straits está presentando novos temas. Este é o seu sexto álbum de estudo en solitario, o cal o propio Knopfler o define como "o mapa de toda unha vida, unha volta á infancia". A nostalxia de tempos pasados inunda o novo traballo discográfico de Knopfler, que retoma o seu particular estilo, mestura de blues, rock e folk, para firmar un puñado de composicións con profundo sabor da América profunda.

Mark Knopfler subirá a un escenario de 24 metros de boca e 12 metros de fondo, amparado por 130.000 watios de son e 250.000 watios de iluminación. Ás cincuenta persoas que acompañan ao artista escocés na súa xira internacional, súmanse en Santiago outro medio centenar máis que colaborarán nas tarefas de montaxe. O concerto terá aproximadamente dúas horas de duración.

A música tamén se trasladará unha noite máis ao Toural, onde o grupo Esguince (The Paleo Rock Band) dará un concerto a partir das 22:00 horas. A banda ofrecerá versións de pezas dos Beatles, Rolling ou Credence. A entrada será de balde. Ademais, coma tódalas noites desta semana, haberá espectáculo de luz e son desde o Obradoiro a partir das 23:30 horas.

Pereza en Santiago, único concerto programado para este verán en Galicia
O grupo Pereza presenta o venres 30 de xullo, ás 22:00 horas, na praza da Quintana, o seu último traballo discográfico, Aviones. É o sexto álbum de estudo da banda, cun son máis acústico e toques de folk e country. Os Pereza terán como teloneiros ao grupo madrileño 84, unha formación que está comezado a espertar e a tocar a nivel nacional e internacional como teloneiros de Julieta Venegas e dentro da xira do Selo Movistar acompañando a Amaia Montero e Ragdog.

A compra das entradas pode relizarse a través de www.servicaixa.com, na taquilla telefónica 902 332 211, no Teatro Principal (en horario de 17:00-21:00 horas) ou directamente no despacho de billetes da Quintana momentos previos ao inicio do concerto.

Compartir: