FESTAS

O Concurso de pesca de ciprínidos da Festa do Escalo contou con 43 pescadores

18/07/2010 As Festas do Apóstolo continuaron coa celebración do XXXV Concurso de pesca de ciprínidos, coñecido máis popularmente como a Festa do Escalo de Chaián. O concurso fíxose por categorías –infantil, xuvenil, damas e senior– e por equipos de catro deportistas ou individual.

A concentración comezou ás 8:00 horas no Local do Bar Nieto de Chaián. Ás 9:00 horas realizouse a saída ao escenario de pesca: "Coto de Pesca de Chaián" (Río Tambre). O concurso de pesca conseguiu un ano máis un gran éxito de participación con 43 competidores inscritos. A maioría deles pertencentes á vila de Chaián e concellos veciños.

Pescouse ata as 13:00 horas e os pescadores participantes tiveron 30 minutos para presentar as súas capturas. De forma conxunta e global, pescáronse 77 quilogramos de pescado. O gañador na categoría senior, Iago Leis Chao, con 8, 7 quilogramos, recibiu ademais o premio especial Kias por ser o participante que logrou maior número de capturas. A pesaxe e entrega de trofeos tivo lugar na área recreativa de Chaián. A continuación, ás 14:30 horas, houbo un xantar de irmandade que se prolongou ata ben entrada a tarde.

BStudiodanza
O luns 18, o protagonista do día voltará ser o baile. Nesta ocasión será a danza contemporánea a que reciba toda a atención. A compañía BStudiodanza presenta a súa danza urbana Mulier na praza das Praterías ás 21:30 horas. A linguaxe corporal será a base do seu espectáculo. O seu fin é desenvolver unha linguaxe persoal que sirva para expresar emocións e sentimentos. Manteñen unha busca constante de formas, espazos, músicas e expresións diferentes co obxectivo de buscar historias que contar cercanas ao público e que logren espertar a súa curiosidade e reflexión, dentro dunha plástica que penetre polos sentidos.

Xa o martes, o festival Vía Stellae (V Festival de Música de Compostela e os seus Camiños) será o prato forte da xornada.

Compartir: