Formulario para artellar a solidaridade coas persoas refuxiadas na cidade de Santiago de Compostela


Este formulario ten como finalidade recoller e articular a solidariedade das entidades e persoas de Compostela que queiran colaborar coas persoas refuxiadas que están chegando a Europa, fuxindo da gravísima crise humanitaria (por motivos políticos, económicos, bélicos, etc) que nestes momentos están sufrindo diferentes países.
Se ben o marco competencial dos municipios é neste sentido moi limitado, a intención do goberno municipal é cooperar e coordinarse tanto coas distintas administracións públicas como coa sociedade civil, particularmente coas organizacións especializadas na acollida e atención das persoas refuxiadas.
Agradecemos de antemán toda a solidariedade neste sentido e intentaremos facer unha xestión coordinada dende o Concello de Santiago de Compostela na que participen todas as persoas voluntarias e institucións públicas que se queiran sumar.




Identificación


Datos de contacto


Enderezo


Oferta de recursos de aloxamento

Se escolle esta opción indique tamén a localidade, as condicións de habitabilidade e se precisa obras e reformas


Colaboracións profesionais

Apoio psicolóxico
Apoio xurídico
Apoio en actividades lúdicas
Apoio sanitario
Clases de castelán/galego
Intérprete e acompañamento
Intermediación cultural


Outros recursos







LOPD
De conformidade co establecido no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, infórmase de que os datos de carácter persoal declarados polo interesado pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado, cuxo responsable de tratamento será o Concello de Santiago de Compostela, e cuxas finalidades e usos previstos serán os seguintes: Xestión de datos de identificación e contacto de cidadáns que solicitan algún tipo de información ou documentación ao Concello a través do portal web municipal. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros poderanse exercer ante o Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro), nos termos establecidos nos artigos 15, 16 e 17 da citada Lei orgánica 15/1999.
O Concello de Santiago de Compostela dispón de páxinas web propias e doutros recursos de difusión da súa programación como folletos, carpetas e demais, coa finalidade de ofrecer información das actividades que se desenvolven nos programas que leva a cabo. As imaxes do desenvolvemento destas actividades poderanse empregar para ilustrar información exclusivamente relativa a estas, como poden ser: artigos nas páxinas web, carpetas, folletos ou presentacións audiovisuais explicando ditos programas. Aplicando a Lei galega que regula a protección da infancia e da familia e a Lei de protección de datos, informamos de que o cumprimento deste formulario e a posterior participación nas actividades que difunde, supón a autorización expresa ao Concello de Santiago de Compostela para a publicación de imaxes nas que poidan figurar participantes nelas, nos recursos informativos anteriormente especificados.

Compartir: